Boas, non atopo Administración de curso ou do sitio para engadir unha materia ... entro coa miña contrasinal na aula virtual do San Clemente pero non atopo onde facer click para engadir a materia, posto que son titora ... a saber o que estou a facer mal! ? Agradecería que alguén me axudase... graciñas
Ola, Tamara:
O curso debes crealo na aula virtual do Ferro Couselo. No San Clemente só deberías ser alumna deste curso de "Actualización de Ferramentas tecnolóxicas para docente", co cal non tés permisos para crear cursos.
Saúdos,
Diego
Ao mellor coma estou de permiso por maternidade non estou autorizada ou algo?? e que xa non sei... mañá pasareime polo cole a ver se alí me poden dicir algo... como eles xa fixeron este curso...
Saúdos.
Ola, Tamara:
Non te preocupes por iso, non ten nada que ver. Tés que falar coa persoa que administre a Aula Virtual este ano, supoño que Miguel, e dicirlle que che conceda permisos para poder crear cursos, debe cambiarche o perfil a "profesor" ou "creador de cursos".
Despois á hora de crear un curso, debes crear un curso novo, para poder practicar o que aquí fagamos, podes poñerlle "curso probra" ou algo similar.
Unha vez que consigas resolver isto, xa vai ir todo rodado.
Se Miguel ten problemas para cambiarche os permisos dille que se poña en contacto comigo e bótolle unha man.
Saúdos,
Diego