Foro de dúbidas. Semana 1.

Elexir categoría para crear curso

Elexir categoría para crear curso

por Maite de Santiago -
Número de respostas: 2

Estou súper frustrada, pois cando entro no curso Inglés que non creei eu senón que xa o creou o administrador na  AV do CEIP San Clemente, e quero engadir un novo curso dentro da miña categoría (Inglés) non me deixa, só vexo semanas de traballo. Penso que eso que vexo non é unha categoría, xa é un curso.

Xa creei o curso 3 veces (e o borrei...) pero dentro da categoría Miscelánea, non podo elexir ningunha outra.

Vouno volver a crear, pero non como corresponde e como me gustaría facelo. Xa vin o vídeo, lin a info e tomei notas.

Por certo, síntome moi perdida buscando a información.

Un saúdo,

Maite

En resposta a Maite de Santiago

Re: Elexir categoría para crear curso

por Usuario eliminado -

Boa tarde, Maite.

Á veces é dificil contestar ás preguntas dun xeito virtual, en moitas ocasións facemos suposicións do que pensamos que está a pasar, pois existen varias variables, que dende o ensino virtual son imposibles de controlar. Vou a intentar dar resposta ao que creo que pode estar acontecendo dun xeito sinxelo.

Cada aula virtual pode ter varias categorías, parece que a túa aula virtual só ten a categoría Miscelánea e dentro dela ten varios cursos xa creados (non categorías). Por iso non podes crear o curso dentro da categoría de inglés, posto que non existe, o que existe é un curso que se chama English.

Vexo que seguen existindo varios cursos creados por ti, deberías quedarte unicamente con un e eliminar os outros, deixa o curso do que me enviaches a chave de acceso.

É normal sentirse un pouco perdida, o ensino virtual ten diferenzas co ensino presencial; adoitase facilitar a información e os estudantes deben analizala e interiorizala. Non te preocupes ao respecto, esta entrega xa a fixeches e é correcta. Agora centrate na tarefa de mañá de Webex en preparala e realizala.

Coa aula virtual imos continuar coa tarefa da "Semana 3", calquera problema que teñas ao respecto podemos crear unha videoconferencia de Webex e, dende a videochamada, compartesme a pantalla e botoche unha man cos problemas que che poidan xurdir.

Un saúdo,

Diego