Bo día:
O meu nome é Tamara, son mestra da especialidade de Educación Primaria do CEP Xesús Ferro Couselo de Valga. A miña experiencia no relativo ao ensino virtual é pouca ou, básicamente, nula, unicamente levo a cabo un humilde blogue cos meus alumnos/as do cal nos axudamos para facer tarefas on line ou/e dun xeito diferente... desde fai un par de anos.
Neste curso espero, principalmente, aprender a manexarme na aula virtual; así coma, saber levar a cabo unha videoconferencia, por exemplo: coas familias, se fose necesario.