Section outline
-
Nesta sección irei subindo suxestións e recomendacións de interese para o noso alumnado e tamén para as familias.
-
-
-
Despois de visualizar o video de " o monstro de cores coronavirus" realizaremos as seguintes tarefas:
1. Debuxar e colorear as figuras dos protagonistas do conto: Tendo o modelo das figuras diante, debuxar, colorear e despois recortar usando cartón e ceras de cores. Obxectivos: asociar as cores ás emocións, desenvolver a creatividade para que o neno/a as manipule ao seu antoxo, xogue con elas, conte o conto... Premer sobre as imaxens.
2. Ruleta das emocións (poñome en función de como me sínto): Nesta tarefa xogaremos coa ruleta e os panos, según saía a cor na ruleta porémonos un pano ou outro e deberemos escenificar a emoción. Materiais: Cartón para facer máis consistente a ruleta, frecha de cartón, parafuso e torca para que xire a frecha, ruleta de emocións e panos, bufandas… coas cores das emocións. Obxetivos: Asociar unha cor cunha emoción, expresar as emocións verbalmente ou a través dos xestos. Premer na imaxe.
3. Parchis do monstro de cores: Materiais: deixo dúas versións do clásico parchis. Un taboeiro de parchis clásico para os nenos/as máis maiores coas súas fichas e outro taboeiro de parchis adaptado para os máis pequenos/as (a partir de 3 anos), con menos casillas e coas súas fichas, e un dado personalizado cos monstros de cores.
Preme na imaxe
-
O coronavirus obríganos a adaptarnos a una situación estresante que cambia en cuestión de minutos.
Esta situación pode xerar un aumento da tensión no ámbito familiar, irritabilidade, nervios, cansanzo….
Compre, entre todos/as, gañar esta batalla tan complicada que se chama CONVIVENCIA.
Se queredes coñecer unhas recomendacións básicas para a convivencia, premer na imaxe.
-
Hai moitas persoas ingresadas polo SARS-COV2 que están moi soas.
As visitas da súa familia e do persoal médico están moi restrinxidas.
Para animalos, podemos escribirlles cartas de apoio ou facerlles chegar debuxos.
Despois de realizalos, debémolos enviar a este enderezo de correo electrónico:
cartas.venceremos.covid19@gmail.com
O persoal sanitario fará chegar as cartas a estes pacientes.

-
Retrincos de cores é un caderno feito por nenos/as, que trata de axudar dicindo como hai que lavar as mans e moitas cousas máis.
Ensina tamén a descubrir e coñecer as EMOCIÓNS que se poden sentir nestes días como: enfado, alegría, medo, inseguridade…..cando aparece algo inesperado.
Preme na imaxe para velo.
-
Francesco Tonucci (pedagogo), tamén coñecido como FRATO, a través de Integratek (plataforma de ensinanza) nos aporta propostas de traballo para estos días, con ollos de neno e nena.
Con estas propostas quere reforzar a importancia de escoitar aos nenos/as e compartir con eles/as as tarefas da casa, para converter a casa en escola durante estes días.
Preme na imaxe para velo video:
-
-
-
-
Este domingo os nenos e nenas, por fin, poderán saír a rúa!
É igual de importante saír que anticipar a saida para que coñezan as condicións e podan falar tamén sobre as emocións relacionadas con este cambio, deixovos o conto do "Oso Goloso".
Este conto trata de anticipar a saida á rúa, falase das emocións, á vez que se prepara as normas que deberán seguir os nenos e nenas durante as saídas.
Preme na imaxe para velo.
-
-
Que é o Ioga? Ioga significa a unión do corpo, a mente e o espírito. Axúdanos a desenvolver o equilibrio, é dicir, equilibrio entre mente e corpo, tan importantes para a nosa saúde.
Beneficios do Ioga nos nenos/as:
- Mellora da forza e a flexibilidade.
- Mellora da coordinación.
- Traballamos a concentración.
- Non é competitivo.
- Fomenta o traballo en equipo e a cooperación.
- Axuda a manterse máis ergueito, sentirse máis alto.
- Mellora do equilibrio.
- Fortalece e mellora todos os sistemas corporais.
- Axúdanos a relaxarnos e reducir a tensión.
- Coñecemento do corpo.
É moi recomendable para nenos e nenas con TDAH porque lles axuda a mellorar en moitos aspectos, por exemplo:
- Impulsividade: coa práctica habitual de Ioga, establecemos unha serie de rutinas repetitivas. Estas rutinas axudarán á automatización de conductas, tan importante para estes nenos/as. Axudaralles a coñecer moito mellor o seu corpo.
- Hiperactividade: coa relaxación os nenos/as reducen a súa tensión e traballan a concentración e aprenden a relaxarse.
- Atención: a súa concentración aumenta coa realización das posturas dunha forma lúdica, debido a que só céntranse nunha cousa.
Preme na imaxe para velo:
-
-
Son innumerables os beneficios que proporciona a práctica de Ioga aos nenos e nenas: axúdalles a mellorar a súa autoestima, a súa concentración, entrégalles tranquilidade....
"Ioga para nenos" é un conto práctico, con coloridas e divertidas ilustracións para introducir aos pequenos/as lectores en exercicios fáciles e entretidos.
Preme na imaxe para velo:
-
O bote da calma é unha ferramenta que axuda ao neno e nena a acougarse cando entra nun enfado incontrolado, xa que ao neno/a pequeno cústalle controlar a frustración. Esta ferramenta axuda ao neno/a a volver a un estado de maior tranquilidade. Cando o neno/a está nesa fase incontrolable, non é momento de falar con el, xa que o primeiro paso é lograr que se acougue. Unha vez acougado, é cando falaremos con el.
O funcionamento do bote da calma é sinxelo, o neno/a axitará o bote e concentrarase no movemento da purpurina que contén, o cal é moi rechamante e atrayente para el. O permanecer concentrado neses movementos axudará ao neno/a a que baixe as súas pulsacións e se vaia tranquilizando aos poucos.Cando o neno/a o axite verá como a purpurina se move de forma descontrolada. Unha vez esta comeza a caer no fondo, o nerviosismo pasará.
Para facer o bote da calma necesitamos:
- 1 bote de vidro ou plástico. Decántome polo plástico sobre todo con nenos pequenos, xa que nun momento de enfado poden tirar o bote ao chan.
- Purpurina.
- Pegamento líquido transparente ou con purpurina.
- Auga quente.
Aquí déixovos un vídeo onde explica como facer un bote da calma para os nenos/as.
Premer na imaxe para velo:
-
-
Nós xa podemos saír pouquiño a pouco pero hai moitas nenas e nenos que aínda non o poden facer porque seguen hospitalizados para recibir tratamento das súas enfermedades.
Por que non lles facemos chegar una mensaxe de ánimo?
Podedes facer un debuxo, escribir un conto, redactar una mensaxe positiva...
Sácalle unha foto ou escanéao e envíao ao correo: aescolaenpijama@gmail.com
As vosas achegas colgaránse na galería virtual da Aula do Hospital Materno Infantil da Coruña (aescolaenpijama.com).
Os deixo o video coa banda sonora da cantante Conchita dedicado ao Día do neno hospitalizado, para velo premer na imaxe:

-
Os presento un Diario formado por tres partes:
1ªparte: Aprendemos as Emocións (Identificación), páxinas da 5 á 13
2ªparte: Expresar as Emocións (Expresión), páxinas da 14 á 23
3ªparte: Controlar Emocións (Autorregulación), páxinas da 24 á 34.
Neste diario poderás escribir, debuxar e expresar todo o que che apeteza.
Preme na imaxe para velo:
-
-
Déixovos uns cadernos de Desenvolvemento Emocional en Familia, para os alumnos/as de 2º ciclo de Educación Infantil, 1º ciclo de Educación Primaria, 2º ciclo de Educación Primaria e 3º ciclo de Educación Primaria feitos por mestres e mestras de Pedagoxía Terapéutica e Orientación.
2º ciclo de Educación Infantil (3 a 5 anos). Preme na imaxe para velo:
1º ciclo de Educación Primaria (1º e 2º curso). Preme na imaxe para velo:
2º ciclo de Educación Primaria (3º e 4º curso). Preme na imaxe para velo:
3º ciclo de Educación Primaria (5º e 6º curso). Preme na imaxe para velo:
-
- Sal a dar un paseo pola natureza e observa todo á túa ao redor mentres pensas nas cousas que che fan feliz. Mirá como o sol se reflicte na auga, escoita o cantar dos paxaros, observa as cores do atardecer e sintete FELIZ!
- Le porque o verán inspírache aventuras e soños. Le porque é a mellor forma de imaxinar e vivir novas aventuras.
- Fai cosas que che entusiasmen e pasa o teu tempo coa túa familia, amigos/as.
- Escoita música e baila. Pon melodía á túa vida!
- Goza dos pequenos momentos que encerran grandes emocións.
- Goza da praia, bañate, xoga coa área.
- Fai deporte, elixe o que máis che guste e gózao: camiñar, correr, pasear en bicicleta, monopatín, xogar coa pelota.....
- Xoga, divírteche, coa túa familia, amigos/as, co teu can...
- Por ultimo goza do verán, que con todo o que che aplicaches durante este curso gañáchescho!.
A continuación, déixovos una emotiva, divertida e tenra animación sobre a amizade, titulada: "Monsterbox".
Os protagonistas son dous amigos totalmente diferentes que valoran a amizade por encima de todo, sabendo recoñecer os erros e aprendendo deles.
Preme na imaxe para velo:
FELIZ VERÁN A TODO O ALUMNADO E ÁS SÚAS FAMILIAS!
-
A situación que estamos a vivir pode producir desaxustes nas emocións dos nosos pequenos/as.
A continuación presento unas recomendacións co titulo: "Afrontando as dificultades Emocionais", tomando como referencia ao neuropsicólogo e especialista en psicoloxía infantil Álvaro Bilbao.
“AFRONTANDO AS DIFICULTADES EMOCIONAIS”:
- Establecer unhas rutinas: consello que xa aportamos nos primeiros días de confinamento.
- Utilizar o Arte como terapia: podemos utilizar o debuxo ou plastilina para canalizar o seu medo e preocupación. Dirémoslle aos nenos/as que debuxen a que lle teñen medo e despois falamos dese debuxo, facendo preguntas sinxelas como: Explícame o que as debuxado e por que?. Isto axudará ao neno/a expresar verbalmente os seus sentimentos.
- Música para non parar de cantar: escoitar cancións coñecidas para transmitirlles confianza, tranquilidade. Todo os días realizar unha pequena sesión de musicoterapia. Poñer música para cantar e bailar libremente para liberar tensións.
- Utiliza as tecnoloxías: Ante unha situación como a que estamos vivindo hai que utilizar todos os recursos disponibles. Álvaro Bilbao recomenda empregalas pola tarde que é cando os nenos/as están máis cansados.
- Evitar ver as noticias cos nenos/as: xa que nelas amosase imaxes e palabras que poden ter un impacto psicolóxico nos nenos/as. É importante que vos esteades informados pero facelo en momentos e lugares nos que os nenos non estean presentes.
- Aumentar a túa tolerancia: estamos en situacións diferentes ás normais, por iso, é importante que aumentemos o noso umbral de tolerancia ante os comportamentos dos nenos/as e mostrarnos máis comprensivos con eles.
- Toma o control nas discusións e pelexas: intenta ser tolerante pero tamén poñer límites e normas antes de que as pelexas entre irmáns se convertan nunha dinámica habitual.
- Contacta cos seres queridos: os nenos/as non saben o que pasa fora do seu fogar e pódelles producir certo medo ou incerteza. Unha chamada ou video-chamada, aos seus avós, os seus tíos, os seus amigos/as e ver que están ben, xeneralle seguridade e confianza.
- Tómate un respiro: durante as próximas semanas o contacto cos teus fillos/as vai ser moi intenso e por iso, os teus fillos/as necesitan que te tomes un respiro. Aproveita os momentos nos que están facendo unha actividade de forma autónoma para desconectar, ler, descansar....
- Facendo plans especiais: de vez en cando os nenos/as van necesitar estímulos positivos para manter o seu ánimo, establecede actividades especiais como: preparar unha pizza xuntos, facer unha cabana ou ver unha película en familia...., deixa que os nenos/as participen na planificación da actividade para aumentar a súa ilusión.
-
















