Section outline
-
Que é o Ioga? Ioga significa a unión do corpo, a mente e o espírito. Axúdanos a desenvolver o equilibrio, é dicir, equilibrio entre mente e corpo, tan importantes para a nosa saúde.
Beneficios do Ioga nos nenos/as:
- Mellora da forza e a flexibilidade.
- Mellora da coordinación.
- Traballamos a concentración.
- Non é competitivo.
- Fomenta o traballo en equipo e a cooperación.
- Axuda a manterse máis ergueito, sentirse máis alto.
- Mellora do equilibrio.
- Fortalece e mellora todos os sistemas corporais.
- Axúdanos a relaxarnos e reducir a tensión.
- Coñecemento do corpo.
É moi recomendable para nenos e nenas con TDAH porque lles axuda a mellorar en moitos aspectos, por exemplo:
- Impulsividade: coa práctica habitual de Ioga, establecemos unha serie de rutinas repetitivas. Estas rutinas axudarán á automatización de conductas, tan importante para estes nenos/as. Axudaralles a coñecer moito mellor o seu corpo.
- Hiperactividade: coa relaxación os nenos/as reducen a súa tensión e traballan a concentración e aprenden a relaxarse.
- Atención: a súa concentración aumenta coa realización das posturas dunha forma lúdica, debido a que só céntranse nunha cousa.
Preme na imaxe para velo:
