Section outline

  • A situación que estamos a vivir pode producir desaxustes nas emocións dos nosos pequenos/as.

    A continuación presento unas recomendacións co titulo: "Afrontando as dificultades Emocionais", tomando como referencia ao neuropsicólogo e especialista en psicoloxía infantil Álvaro Bilbao.

    “AFRONTANDO AS DIFICULTADES EMOCIONAIS”:

     

    • Establecer unhas rutinas: consello que xa aportamos nos primeiros días de confinamento.

    • Utilizar o Arte como terapia: podemos utilizar o debuxo ou plastilina para canalizar o seu medo e preocupación. Dirémoslle aos nenos/as que debuxen a que lle teñen medo e despois falamos dese debuxo, facendo preguntas sinxelas como: Explícame o que as debuxado e por que?. Isto axudará ao neno/a expresar verbalmente os seus sentimentos.

     

    • Música para non parar de cantar: escoitar cancións coñecidas para transmitirlles confianza, tranquilidade. Todo os días realizar unha pequena sesión de musicoterapia. Poñer música para cantar e bailar libremente para liberar tensións.

     

    • Utiliza as tecnoloxías: Ante unha situación como a que estamos vivindo hai que utilizar todos os recursos disponibles. Álvaro Bilbao recomenda empregalas pola tarde que é cando os nenos/as están máis cansados.

     

    • Evitar ver as noticias cos nenos/as: xa que nelas amosase imaxes e palabras que poden ter un impacto psicolóxico nos nenos/as. É importante que vos esteades informados pero facelo en momentos e lugares nos que os nenos non estean presentes.

     

    • Aumentar a túa tolerancia: estamos en situacións diferentes ás normais, por iso, é importante que aumentemos o noso umbral de tolerancia ante os comportamentos dos nenos/as e mostrarnos máis comprensivos con eles.

     

    • Toma o control nas discusións e pelexas: intenta ser tolerante pero tamén poñer límites e normas antes de que as pelexas entre irmáns se convertan nunha dinámica habitual.

     

    • Contacta cos seres queridos: os nenos/as non saben o que pasa fora do seu fogar e pódelles producir certo medo ou incerteza. Unha chamada ou video-chamada, aos seus avós, os seus tíos, os seus amigos/as e ver que están ben, xeneralle seguridade e confianza.

     

    • Tómate un respiro: durante as próximas semanas o contacto cos teus fillos/as vai ser moi intenso e por iso, os teus fillos/as necesitan que te tomes un respiro. Aproveita os momentos nos que están facendo unha actividade de forma autónoma para desconectar, ler, descansar....

     

    • Facendo plans especiais: de vez en cando os nenos/as van necesitar estímulos positivos para manter o seu ánimo, establecede actividades especiais como: preparar unha pizza xuntos, facer unha cabana ou ver unha película en familia...., deixa que os nenos/as participen na planificación da actividade para aumentar a súa ilusión.