Section outline
-
O bote da calma é unha ferramenta que axuda ao neno e nena a acougarse cando entra nun enfado incontrolado, xa que ao neno/a pequeno cústalle controlar a frustración. Esta ferramenta axuda ao neno/a a volver a un estado de maior tranquilidade. Cando o neno/a está nesa fase incontrolable, non é momento de falar con el, xa que o primeiro paso é lograr que se acougue. Unha vez acougado, é cando falaremos con el.
O funcionamento do bote da calma é sinxelo, o neno/a axitará o bote e concentrarase no movemento da purpurina que contén, o cal é moi rechamante e atrayente para el. O permanecer concentrado neses movementos axudará ao neno/a a que baixe as súas pulsacións e se vaia tranquilizando aos poucos.Cando o neno/a o axite verá como a purpurina se move de forma descontrolada. Unha vez esta comeza a caer no fondo, o nerviosismo pasará.
Para facer o bote da calma necesitamos:
- 1 bote de vidro ou plástico. Decántome polo plástico sobre todo con nenos pequenos, xa que nun momento de enfado poden tirar o bote ao chan.
- Purpurina.
- Pegamento líquido transparente ou con purpurina.
- Auga quente.
Aquí déixovos un vídeo onde explica como facer un bote da calma para os nenos/as.
Premer na imaxe para velo:
