Section outline

  • Que é o Ioga? Ioga significa a unión do corpo, a mente e o espírito. Axúdanos a desenvolver o equilibrio, é dicir, equilibrio entre mente e corpo, tan importantes para a nosa saúde.

    Beneficios do Ioga nos nenos/as: 

    • Mellora da forza e a flexibilidade.
    • Mellora da coordinación.
    • Traballamos a concentración.
    • Non é competitivo.
    • Fomenta o traballo en equipo e a cooperación.
    • Axuda a manterse máis ergueito, sentirse máis alto.
    • Mellora do equilibrio.
    • Fortalece e mellora todos os sistemas corporais.
    • Axúdanos a relaxarnos e reducir a tensión.
    • Coñecemento do corpo. 

    É moi recomendable para nenos e nenas con TDAH porque lles axuda a mellorar en moitos aspectos, por exemplo: 

    • Impulsividade: coa práctica habitual de Ioga, establecemos unha serie de rutinas repetitivas. Estas rutinas axudarán á automatización de conductas, tan importante para estes nenos/as. Axudaralles a coñecer moito mellor o seu corpo.
    • Hiperactividade: coa relaxación os nenos/as reducen a súa tensión e traballan a concentración e aprenden a relaxarse.
    • Atención: a súa concentración aumenta coa realización das posturas dunha forma lúdica, debido a que só céntranse nunha cousa.

    Preme na imaxe para velo:

    xxx