De onde son os peliqueiros e cigarróns?

Os peliqueiros son as máscaras de Laza e os cigarróns, as de Verín. Son moi semellantes.
Como é o disfraz de cigarróns e peliqueiros?

Os cigarróns e os peliqueiros levan unha máscara feita de madeira cun sombreiro grande no que están pintados animais feroces, o sol ou a lúa.
Que levan os cigarróns e os peliqueiros?

Os cigarróns e os peliqueiros levan chocas colgadas no cinto e un látego con fitas de coiro.
Respectemos os cigarróns

Aos cigarróns podémolos insultar pero non os podemos tocar.