OS VERGALLEIROS

Os vergalleiros son as máscaras de Sarreaus.
Levan un traxe formado por blusa de liño e chaleco negro de feltro e unha careta con motivos celtas.
Na man cada vergalleiro leva un corno que fai soar a medida que percorre as rúas, convidando a participar no Entroido.
OS VOLANTES DE CHANTADA

Os volantes son as máscaras de Chantada.
Levan un pucho de grandes dimensións, recuberto de flores que na súa orixe estaban feitas á man.
Da parte traseira e lateral do pucho colgan fitas de cores.
Na man levan un caxato.
OS TROITEIROS

Os troteiros son as máscaras típicas de Bande. Deben o seu nome ao feito de que van trotando dunha aldea a outra.
Levan un sombreiro de palla e a cara cuberta cun pano que lles permite ver sen seren recoñecidos.
MADAMAS E GALÁNS

As madamas e galáns son as máscaras do Entroido de Cobres, no concello de Vilaboa (Pontevedra).