
Os atranques son discusións entre dous xenerais ou correos. En algúns sitios reciben o nome de altos.
Falan en verso, levantándose do cabalo e facendo acenos coa espada.
O atranque remata cunha declaración de paz e un choque de espadas mentres recitan uns versos coma estes:
"Chocaremos as espadas
como manda a tradición
rematamos con un ¡viva!
aos carnavales da Unión.
Viva a Unión carnavalesca
da nosa parroquia!
Vivan os nosos coros e directores!
Viva a xente que nos mira,
admira e rodea! "