Saltar navegación

Cruceiro gótico de Francos

Cruceiro do séc. XIV que sinalaba a antiga vía da ruta da peregrinación. É unha cruz gótica levantada e apoiada sobre unha pedra. A composición deste cruceiro de granito é dunha pedra basta sen labrar, dun pedestal e un varal cuadrangular. Non dispón de capitel e finalmente ten unha cruz rectangular onde se atopa a imaxe en relevo do Cristo crucificado con tres cravos e as mans abertas. En ambos os dous lados ten unha imaxe dun peregrino, unha mellor conservada que a outra. Na parte de atrás non existe relevo.


Esta cruz debuxouna Castelao no seu libro As cruces de Pedra na Galiza.