Saltar navegación

Castro Lupario

Antigamente a xente vivía en poboados chamados castros.
O castro Lupario, atópase entre os concellos de Teo, Brión e Rois e chámase así porque a raíña que mandaba nel se chamaba Lupa.

Segundo conta a lenda, os discípulos do apóstolo Santiago acudiron a este castro na busca dun lugar para soterralo. Pedíronlle á raíña Lupa axuda para transportar os restos do santo e a raíña indicoulles onde atopar uns bois para tirar do carro.