• procurando paxaros

    • FESTA SENSORIAL DE CAMPO FIN DE CURSO

      Rematamos o PDI cunhas xornadas de vivenciación no patio.:

      Percorrémolo procurando as árbores e mirando os nomes que puxemos e como cambiaron dende principio do curso

      CADERNO DE OBSERVACIÓN PLANTAS E FLORES SILVESTRES

      Observamos plantas e flores silvestres e do xardín. Atoparás as 7 herbas de San Xoán?. E as que nos foi agasallando Luísa Villalta coas súas palabras?. Mira cantas podes procurar!


      XOGO OS PAXAROS DO NOSO PATIO

      lemos o conto Un pouco perdido na biblioteca


      Podedes escoitar a gravación en audio  

      O xogo consiste en atopar á mamá mouchiño seguindo as pistas. 


      Podedes escoitar tamén esta Ópera de paxaros

      https://www.youtube.com/watch?v=IMXD4h5w8D8&t=44s


      Para localizar os paxaros que nos acompañan no patio e  observalos máis detidamente
      Precisades:
      - REcipiente para poñer as cousas
      - Alpiste ou sementes
      - Laranxas e mazás
      - Moldes de galletas
       Aquí tedes un caderno de observación.