• MES DO LIBRO. PROPOSTA DE RELATOS

    •  “Sementando contos”:

      PROPOSTA ORAL OU ESCRITA

       Invención libre de contos. Podemos escribilos e ilustralos. Podemos lelos na radio, tamén.

      PROPOSTA STEM-PDI e reto #reciclamos

      Legorelatos. Construimos no muro de lego un bosque cos seus elementos: árbores, flores, musgo, bichos de terra, insectos, paxaros, animaliños do bosque... Escribimos e contamos unha historia con este fondo. 

      Tamén podemos construir un diorama de bosque con elementos reciclados  e pezas lego e convertilo no escenario do noso conto. (reto#reciclamos). Inventaremos o conto, escribirémolo e compartirémolo.

      PROPOSTA PDI E RETO #CONCIENCIAMOS

       Banda deseñada e ecoconciencia. Feitura creativa de viñetas sobre o medio ambiente. 

      Dareivos as viñetas baleiras para encher. Tamén podedes crealas vós.

      Podemos facelo libremente ou apoiarnos nas lecturas da mochila Que podo facer polo planeta? 

      ou nos contos Paxaro amarelo e Un ovo de lobo. Pedídemos se os precisades.



    • Contos por metades

      Seres fantásticos de terra e auga de Violeta Monreal.

      Procuramos o conto na biblio e...

      Dúas posibilidades:

      1/Escollemos un ser de terra e un de auga, lemos as súas historias e inventamos un conto novo ou relato curto coas dúas personaxes. 

      2/Tamén podemos inventar un ser novo mesturando unha metade de cada un dos dous. Darémoslle un novo nome e unha nova historia.