• O BOSQUE DAS FADAS.DÍA DOS MUSEOS

    • Neste día temos dúas propostas que poderemos levar adiante ata fin de curso. Homenaxeamos a Berta Cáccamo, pintora de Vigo, filla de Xose María Álvarez Blázquez.

      TEXTURAS NA MESA DE LUZ

      Xeometría fantástica, xogos de palabras e mesa de luz

      1/Recollemos elementos naturais no monte, parque, patio,...

      2/Colocamos un marco de cartulina ou cartón na mesa de luz e facemos composicións artísticas cos  elementos recollidos. Deixamos voar a imaxinación, xogamos coas cores. Podemos recrear as liñas deseñadas no libro Tinta de luz de Berta Cáccamo.

      3/Das que nos gusten facemos foto. Imprimímolas para a nosa exposición.



      Mesa de luz e texturas

      1/Recreamos con pintura as texturas de Berta Cáccamo sobre un folio ou sobre plástico ou acetato

      2/Na mesa de luz xogamos coas cores. Podemos pintar directamente sobre o acetato ou plástico de plastificar.

      3/Facemos foto. Imprímolas para a nosa exposición.


      O BOSQUE DAS FADAS

      Imos facer unha instalación de luz e cor no noso xardín
      Podedes participar facendo cada neno ou nena un elemento máxico dun bosque de fadas (fada, trasno, casiña, ás de bolboreta,.... Nos elementos escollidos deberemos picar unha forma xeométrica e tapar o oco con papel celofán da cor que queirades. Penduraremos ou colocaremos a nosa creación no recuncho que escollamos dos patios de herba. Cando estea todo colocado gozaremos cos xogos de luz no noso xardín.
      Temos uns modelos para imprimir e podedes facelos con material de reciclaxe (cartón, vasos e platos de cartón, vasos e platos de plástico,....) 



    • SUBO ALGÚN EXEMPLO DE TRABALLO PARA A INSTALACIÓN EXTERIOR.  r

      No pdf temos os modelos máis sinxelos para pintar, picar a forma xeométrica e pegar nun cartón ou cartolina. Para os máis pequenos as casas- cogomelo son doadas de facer. Habería que pintar dúas e pegar o celofan no medio.

      Os modelos das fotos son mais elaborados, por se alguén quere traballar con volume e participar no reto #reciclamos