Section outline
-

-
Exercicios de Lingua Galega para a semana do 16-20 e a semana do 23-27 de marzo
Como nas outras asignaturas, estes exercicios do tema 11 de lingua galega, son para realizar ao longo de dúas semanas, seguindo o horario da aula e adicándolle 30 ou 40 minutos a cada asignatura que nos toque ese día.
Son un total de 24 exercicios escritos, elaborar unha noticia sobre o coronavirus seguindo as indicacións do libro, 4 exercicios orais (non hai que escribilos na libreta) e un exercicio voluntario, no caso de que vos sobre tempo.
Están organizados para facer 3 exercicios cada día.
Na semana do 23- 27 de marzo pondremos os exercicios correxidos en cada materia para que poidades ir comprobando.
-
Esta é unha actividade que atopamos na páxina web "aulas galegas", e que nos pareceu interesante. Animámosvos a escribir un pequeno diario. Nel podedes recoller as experiencias, sentimentos e emocións que estades a vivir con esta situación. Podedes escribilo, se vos apetece e tedes tempo.
-
Tareas lingua galega para a semana do 30 de marzo ao 3 de abril
Aquí tedes as solucións aos exercicios de lingua galega, podedes ir comprobando se os tedes ben feitos. Recordade que non ten que por exactamente o mesmo, con que a idea sexa a mesma, o exercicio está ben.
Unha mamá deuse conta duns erros, gracias por avisarnos:
- Exercicio 2, páxina 141, falta a tilde de vós e nós.
- Exercicio 3, páxina 142, falta unha forma da palabra antirroubo: antirrou-bo
-
Exercicios de Lingua Galega para a semana do 14-17 abril
Unha lectura e 7 exercicios. Seguindo a mesma dinámica de facer 2 ou 3 exercicios ao día.
Os días 23 ou 24 subiremos as solucións.
-
Exercicios de Lingua Galega. Semana do 20-24 abril
-
VÍDEOS SIGLAS E FAMILIA DE PALABRAS
Os vídeos están en castelán porque é difícil atopalos en galego. Esperamos que vos axuden.
-
Solucións aos exercicios de Lingua Galega das semanas 14-17 e 20-24 de abril
-
23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Hoxe con motivo da celebración do "Día do Libro", gustaríanos que participarades todos nesta actividade:
Elaborar un debuxo do voso libro preferido, en castelán ou en galego, en tamaño folio. No debuxo debedes por tamén o título do libro para que o podamos recoñecer mellor.
Os que vos animedes podedes escribirlle tamén unha frase, de animación a lectura, para animar aos demáis a que lean o libro, unha frase interesante do libro... o que vos apeteza pero relacionado coa lectura.
Logo, sacades unha foto ao debuxo e enviádela aos nosos correos.
-
EXERCICIOS DE LINGUA GALEGA PARA A SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL
Subiremos as solucións ao final da semana.
-
SOLUCIÓNS DOS EXERCICIOS DE LINGUA GALEGA DA SEMANA DO 27-30 DE ABRIL
-
EXERCICIOS DE LINGUA GALEGA ( SEMANA 4-8 DE MAIO)
-
EXERCICIOS DE LINGUA GALEGA (SEMANA 4-8 DE MAIO)
-
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O vindeiro 17 de maio é o día das Letras Galegas. A súa celebración aprázase para o 31 de outubro debido a situación que estamos a vivir.
Este ano está dedicado ao escritor Ricardo Carvalho Calero.
Para que vaiades coñecendo un pouquiño da súa vida e obra deixámosvos no seguinte enlace ao blog un Scape Room moi entretido.
-
SOLUCIÓNS DE LINGUA (SEMANA DO 4 AO 7 DE MAIO)
-
Premede na seguinte ligazón e atoparedes algunhas actividades para coñecer máis a Ricardo Carvalho Calero.
-
EXERCICIOS LINGUA SEMANA 18-22 MAIO
-
SOLUCIÓNS LINGUA SEMANA 18-22 MAIO
-
EXERCICIOS LINGUA GALEGA SEMANA 1-5 XUÑO
-
SOLUCIÓNS LINGUA SEMANA 1-5 XUÑO
-