Saltar navegación

Rúbricas

A forma máis coñecida e tamén quizais a máis utilizada para avaliar un e-portafolio é a rúbrica, tamén chamada matriz de valoración.

Unha rúbrica é unha ferramenta de valoración usada para medir o grao de cumprimento dunha actividade ou traballo.

Preséntase como unha pauta ou táboa de dobre entrada que permite unir e relacionar criterios de avaliación, niveis de logro e descritores que se presentan normalmente nun cadro de dobre entrada.

A columna indica –dimensións da calidade– e enumera unha serie de ítems ou áreas que se deben avaliar; por exemplo, "o uso de multimedia", "redacción" etc.

Nalgunhas rúbricas, as dimensións cos seus correspondentes comentarios de nivel de dominio coñécense como "criterios". A fila indica os niveis de dominio –cada columna representa un nivel de rendemento que se pode identificar desde "exemplar" ata "aínda non competente"–.

Existen infinidade de exemplos sobre estes instrumentos na web. Aquí presentamos algúns seguindo criterios de adecuación e diversidade.

  • Concepto e deseño dunha rúbrica:
  • Características dunha rúbrica: 

 

López Carrasco. Rúbrica. Licenza YouTube estándar. Reutilización permitida.

  • Dimensións e fases de elaboración dunha rúbrica: 

 

vídeosFUCN. Rúbricas. Licenza YouTube estándar. Reutilización permitida.

  • Web para a construción dunha rúbrica: Rubistar (facer clic sobre Rubistar en español) - Titoriais paso a paso:

 

 Proxecta. Titorial Rubistar. Licenza YouTube estándar. Reutilización permitida.

vídeosFUCN. Configurando unha rúbrica. Licenza YouTube estándar. Reutilización permitida.