Instrumentos

Aínda que a avaliación dun portafolio está inextricablemente relacionada co seu propósito, contido e estrutura (Baume, 2001), existen algunhas directrices xerais que axudan a esta complexa tarefa.
Trátase de instrumentos que valoran a adecuación e a bondade técnica do portafolio electrónico en canto á forma e á estrutura que seguen, pero tamén valoran a pertinencia do contido dos traballos presentados.
Para iso, normalmente, propoñen ítems xenéricos (por exemplo , "organización", "comunicación", "deseño" etc.) que inclúen a descrición das características que deben cumprir para ser valorado como un bo e-portafolio (por exemplo , "estruturado seguindo unha orde lóxica", "cumpre normas básicas de publicación e interrelación", "outorga unha atención preferente á navegación fluída entre elementos", entre outros).
Nalgúns casos, estes ítems preséntanse seguindo niveis de consecución crecente para determinar o grao de logro nun momento determinado, pero tamén favorecen a manifestación do avance –académico, profesional, persoal etc. – a través do tempo (por exemplo , "moi ben /pobremente estruturado", "moi fácil/complicado de entender", "moi fácil/moi difícil de navegar", entre outros).