Saltar navegación

m-Portafolio

Outra iniciativa que está xurdindo e que ten moito sentido, posto que está altamente estendido e é facilmente portable, é o uso do teléfono móbil para o desenvolvemento dos contidos do portafolio, tamén chamado m-portafolio.

O móbil resulta especialmente cómodo para captar evidencias de maneira rápida e contextualizada, en foto, vídeo e audio, e para plasmar procesos de reflexión alá donde ocorran, utilizando por exemplo as ferramentas de storytelling.

Unha revisión completa sobre os pasos que hai que seguir para realizar un portafolio móbil pódese encontrar en mPortfolios. Using Mobile Devices to Develop ePortfolios, de Helen C. Barrett, Ph.D. (en inglés).