Ferramentas 2.0 para o e-portfolios
Ferramentas máis comúns
De todos os xeitos, existen iniciativas exitosas que utilizan un programa base coma os que presentamos a continuación e que engaden vídeo, audio, imaxes, escritura etc, apoiándose noutros programas que se poden considerar de uso bastante común na actualidade (YouTube, Slideshare, Prezi etc.).
Velaquí algunhas das ferramentas de partida máis comúns:
- Blogs: é unha publicación en liña de información e opinións ordenables que se presentan en cronoloxía inversa e que se complementa con material videográfico e sonoro, onde se pode manter un diálogo en base a posts. Exemplos: Blogger, Wordpress, Elgg, Tumblr.
- Wikis: é un sitio web colaborativo que pode ser editado por varios usuarios. Os usuarios dunha wiki poden así crear, modificar, borrar o contido dunha páxina web, de forma interactiva, fácil e rápida; estas facilidades fan da wiki unha ferramenta efectiva para a escritura colaborativa. Exemplos: Wikispaces, DocuWiki.
- Mapa e funcionalidades de Google máis utilizadas:
Helen Barret Proceso elaboración (CC BY-NC-ND)
Enlaces de interese:
4 Great iPad Apps to Create Digital Portfolios (en inglés)