Saltar navegación

Ferramentas para outros fins

  • As ferramentas que existen na rede para outros fins e que, combinadas ou soas, se poden utilizar para confeccionar un e-portafolio

Se desenvolvemos o primeiro tipo, encontramos unha chea de posibilidades, aínda que unhas máis ca outras parecen ser adecuadas na tarefa de confeccionar, desenvolver e publicar un e-portafolio.

Ferramentas
Flickr. E-portafolios (CC0)

Só con lle botar unha ollada ao seguinte gráfico, que non supón unha listaxe inconexa ou unha simple enumeración de ferramentas de tecnoloxía social, podemos valorar a complexidade que pode supoñer a decisión de seleccionar unha tecnoloxía ou conxunto delas para implementar un e-portafolio. Tamén parece claro que unha soa tecnoloxía non responde aos obxectivos dun e-portafolio completo, o que tamén ofrece a posibilidade de personalizar o sistema de portafolio ás necesidades e aos intereses dos usuarios.

Portafolios
Helen Barret E-portafolios (CC BY-NC-ND)

Para unha revisión de máis sistemas de e-portafolio, consultar: