Saltar navegación

Fase 4: Publicación do portafolio

Nesta fase trátase de organizar as evidencias cunha estrutura ordenada e comprensible, favorecendo o pensamento creativo e diverxente deixando constancia de que é un proceso en constante evolución. A decisión de compartir o e-portafolio pode situarse a nivel máis amplo (ciberespazo, amigos, profesionais…) ou máis reducido (compartir co profesor ou co grupo-clase..). Tamén se pode dar un uso máis inducido ou máis espontáneo. Isto responderá ás intencións dos alumnos e dos profesores, aínda que a vocación de todo portafolio é a divulgación das competencias adquiridas.