Portafolio do alumnado
Fase 2: Selección de evidencias
Nesta fase, hanse elixir os mellores traballos realizados ou as partes daquelas actividades que mostren un bo desenvolvemento no proceso de aprendizaxe para ser presentado ante o profesor ou ante o resto de compañeiros. Seleccionar mostras de traballo relevantes e que representan éxitos ou evolucións positivas en función do obxectivo que se pretende, aplicando criterios de demostración óptima de adquisición e desenvolvemento de competencias particulares e de logro dos estándares esperados de entre as mostras recompiladas na fase anterior, é a decisión primaria que ha de conducir a actividade de profesores e de alumnos nesta etapa.