Fase 1: Recollida de evidencias
Nesta fase recompílase material susceptible de converterse en mostras de aprendizaxe real.
Unha decisión previa establecería o propósito concreto do e-portafolio e o rol que desenvolverá o usuario e a audiencia á que poida chegar. Como decisións básicas nesta fase encóntranse as relacionadas coa determinación duns obxectivos, do contexto e dos seus elementos constitutivos (recursos, tempo, alcance, tipo, tecnoloxía de base...), no marco dunha finalidade educativa concreta.
Algunhas destas evidencias poden ser:
a) Informacións de diferentes tipos de contido (conceptual, procedemental e actitudinal ou normativo).
b) Tarefas realizadas na clase ou fóra dela (mapas conceptuais, recortes de diario, exames, informes, entrevistas etc.).
c) Documentos en diferente soporte físico (dixital, papel, audio etc.). Estas evidencias virán determinadas polos obxectivos e as competencias plasmadas no portafolio.