PRAZO:
15 de xaneiro ao 4 de febreiro
Desde o día 15 de xaneiro ata o 4 de febreiro estará aberto o prazo para a reserva de praza no IES de Ortigueira para o alumnado de 6.º de educación primaria, por ser este o IES adscrito que nos corresponde, aínda que despois a matrícula se realice noutro instituto (segundo o Decreto 13/2022 de 3 de febreiro e a Orde do 21 de outubro de 2022).
PROCEDEMENTO:
As solicitudes poderán realizarse das seguintes formas:
Telemática, a través da seguinte ligazón: ACCESO Á APLICACIÓN ADMISIÓN DE ALUMNADO
Presencial, entregando o impreso de reserva na secretaría do centro en horario de 11:15 a 12:05 h.
NOTA:
Os impresos poden solicitarse en Secretaría ou descargarse desde esta publicación.
Para calquera dúbida, podedes contactar co centro a través do correo electrónico e o teléfono, así como consultar o documento de axuda: MANUAL DE AXUDA