A Biblioteca do CEIP José María Lage é un espazo amplo, dividido en dúas zonas (fondos por idades e zona creativa) e está situada na planta baixa do noso edificio, no corredor de acceso a Educación Infantil.
Nela dispoñedes de gran variedade de fondos, xogos, materiais para escribir, pintar ou debuxar…
A nosa biblioteca forma parte do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares), dende o curso 2012/2013 (PLAMBE 8) da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia.
A nova mascota da biblioteca é “Dralibris, o dragón lector”, escollida este curso.
A Biblioteca está conformada por un Equipo, e este curso escolar 2025/2026 está formado polos mestres/as:
- Elena Álvarez Iglesias
- Rocío Alonso Castro
- Gloria Quintana Fernández
- Margarita Rodríguez García
- Fernando Cancelo Pardo
- Fernando Fornos Aguiar (substituído por Alexandra Pichel Represas)
- Tamara Salgueiro Veiga (Coordinadora)
Dito Equipo conta cunha conta de correo electrónico á que vos podedes dirixir para calquer consulta: biblioteca.ceip.josemaria.lage@edu.xunta.gal
Tamén vos deixamos enlaces para visualizar o catálogo público da nosa biblioteca (OPAC):
https://ceipjosemarialage.edubib.xunta.gal
Así mesmo, deixámosvos o enlace de acceso á plataforma de lectura dixital E-LBE.2:
https://bega-elbe2.edu.xunta.es/
Lembrade! Para poder acceder aos préstamos dixitais, tedes que poñer o usuario (CEC170-…) e a vosa contrasinal.
Nesta páxina web do noso centro atoparedes máis información sobre a Biblioteca na lapela específica “Biblioteca”.