PRAZO:
1 ao 20 de marzo
Desde o día 1 de marzo ata o 20 de marzo estará aberto o prazo para a admisión ordinaria.
PROCEDEMENTO:
As solicitudes poderán realizarse das seguintes formas:
Telemática, a través da seguinte ligazón: ACCESO Á APLICACIÓN ADMISIÓN DE ALUMNADO
Presencial, entregando a documentación na secretaría do centro en horario de 11:15 a 12:05 h.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
Anexo II e Anexo II-bis debidamente cuberto e asinado por ambos proxenitores.
Documento acreditativo do requisito de idade da/o alumna/o (libro de familia, DNI…).
Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar.
Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
Resolución xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste o réxime de custodia da/o menor, de ser o caso.
Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membros computables da unidade familiar, de ser o caso.
Documentación xustificativa da condición de vítima de violencia de xénero, de ser o caso.
Certificado de vítima de terrorismo, de ser o caso.
NOTA:
No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta de datos deberán indicalo no recadro correspondente dos Anexos e achegar os documentos correspondentes.
Os impresos poden solicitarse en Secretaría ou descargarse desde esta publicación.
Para calquera dúbida, podedes contactar co centro a través do correo electrónico e o teléfono, así como consultar o documento de axuda: MANUAL DE AXUDA
As listaxes de alumnado admitido serán publicadas na aplicación de admisión e no taboleiro de anuncios do centro.
LISTAXES PROVISIONAIS:
A listaxe provisional de alumnado admitido será publicada o 25 de abril.
RECLAMACIÓNS:
Haberá cinco (5) días hábiles para posibles reclamacións desde a publicación dos listados provisionais.
RESOLUCIÓN:
A listaxe definitiva será publicada o 15 de maio.