Boas,
Vexamos:
-Se o foro non é avaliable, pois directamente non se usan as puntuacións. Se queres que sexa avaliable en Moodle, activas as puntuacións (que como comentei pode ser unha media, a máxima, a suma...), e logo elixes con que escala queres que funcione dita puntuación: de 1 a 10, de 1 a 100, simplemente apto ou non apto, ou unha escala de valoración con distintos niveis (tamén se poden crear escalas á túa preferencia, pero é máis difícil).
Por si che sirve de exemplo, compara estas imaxes do foro que creei eu de exemplo. Primeiro cunha puntuación tipo escala de valoración:

E agora o mesmo foro, pero cunha escala ata 100:

Cando un alumno responde ti, ou outra persoa con rol de profesor ou superior, califica, e ao rapaz aparécelle esa nota tanto na mensaxe como no calificador (o resto dos alumnos non o verían: cada un ve só o seu).
-Do outro: 1MB hoxe por hoxe non é nada se teñen que entregar fotos feitas polos móbiles... eu poríalle 5 ou 10MB, ou incluso un pouco máis. En canto ao límite refírese por usuario, cantas cousas pode subir cada alumno, non o total (se tes 50 alumnos e permites 5 arquivos por cada un, poderían ser un máximo de 250 arquivos).
Grazas e un saúdo.