Tarefa (Aula Virtual)

Tarefa (Aula Virtual)

por Adela Novo -
Número de respostas: 2

Bos días: quixera aclarar isto: 

- Cando as familias envian fotos de actividades con esta modalidade de, tarefa, isto é algo privado, que non o ve o resto da clase. É así?

- Ainda que nós podemos xestionar o número de envíos(das familias) de cada vez, se queren volver a mandarnos máis noutra ocasión, teñen que ser eles mesmos os que os borren para enviar outros. ( Ó abrilos xa quedan descargados nos nosos ordenadores).

- Se quixéramos que algúns traballos foran vistos por todo o grupo-clase. Cal é a mellor opción a empregar?

 

 

En resposta a Adela Novo

Re: Tarefa (Aula Virtual)

por Usuario eliminado -

Boas,

-Se te refires á actividade Tarefa (que era a seguinte que iba a propoñer para practicar), en principio os arquivos que entreguen ahí só o poderán ver os profesores do curso ou roles superiores. Incluso, configurando grupos e accesos restrinxidos, aínda que iso é máis complexo, nin sequera todos os profesores do curso. Precisamente é o tipo de actividade axeitado cando queremos que "a tarefa" só a vexa o profesor.

-Desculpa, Adela, pero esta pregunta non a entendín moi ben. Se unha vez entregada unha tarefa poden enviar máis? Se configuras para que se permita a modificación da tarefa unha vez avaliada, ou mentres non se avalíe, si (co límite que puxeras), aínda que non é un procedemento recomendable.

Por certo, iso de que ao abrilos xa quedan descargados no noso ordenador non é así: os arquivos quedan no Moodle, pero no noso ordenador non mentres non lle deamos a gardar ou descargar. Eu por exemplo, nunca gardo ningún tipo de tarefa que me entreguen pola aula virtual no meu equipo: 1) por seguridade e privacidade; 2) por comodidade, xa que podo velos desde calquera parte; 3) por aforrar tempo e espazo.

-Dependerá de cal sexa o tipo de "artefacto dixital" a compartir: se é un texto escrito, un foro; se é un conxunto de elementos/características, unha base de datos; un glosario, unha wiki... Non che podo dicir: dependerá. De aí a importancia de "fozar e probar".

Grazas e un saúdo.