Bos días. Na tarefa que nos encomendaches de creación dun foro avaliable, o comentario ou resposta do alumnado de infantíl pode ser unha imáxe?. Grazas.
Boas,
Por suposto, o único que tería que facer sería:
1) Ou ben premer no botón de inserir imaxe para localizala no ordenador e "incrustala" no corpo da mensaxe.
2) Ou ben directamente achegar a imaxe, buscándoa ou simplemente arrastrando, á caixa de arquivos que está debaixo (neste caso habería que poñer algo na caixa de texto, xa que é un campo obrigatorio, pero con poñer un guión, ou unha letra calquera xa estaría).
Obviamente, un rapaz de infantil para isto precisará axuda, claro.
Para que quede máis claro, deixo outra resposta coa primeira foto que pille por aquí, a modo de exemplo. Como usarei o método rápido (simplemente arrastrar), escribirei unha palabra calquera.
Grazas e un saúdo.