Comenzamos

Comenzamos

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Bo día a todos/as,

Antes de nada, espero que todos/as esteades a levar da mellor maneira posible esta complicada situación sanitaria e social, e tamén educativa, que nos está tocando vivir.

Desde hoxe compartiremos uns días por aquí para intentar botar unha man respecto do uso dalgunhas das ferramentas dixitais que temos á nosa disposición para paliar a actual suspensión da actividade lectiva presencial, aínda que o ideal é que aprendamos a tirar proveito delas tamén cando as clases se desenvolven de xeito normal. Por indicación do CAFI os aspectos que deberiamos tocar serían aproximadamente:

  • Manexo da aula virtual, neste caso Moodle.
  • Videoconferencias, especialmente con Webex.
  • Outras ferramentas institucionais, p.ex. Agueiro.
  • Espazo Abalar / Abalar Móbil.
  • Outros aspectos como a busca ou creación de contidos.

Para saber a que cousa lle imos a dedicar máis tempo do pouco que dispoñemos, e cal vos interesa máis, prégovos que me comentedes as vosas preferencias e principais curiosidades neste fío deste foro e nesta enquisa inicial. Así saberemos mellor cales son as principais necesidades e por onde tirar.

Por certo, considerade isto máis que un curso de formación "ao uso", un acompañamento: en só 10 horas (das que un par marcharán nalgunha videoconferencia), coa urxencia actual, e coa amplitude que conleva a temática, pouco máis poderemos facer que dar unhas indicacións básicas e resolver dúbidas ou axudar nos aspectos nos que atoparades dificultades. E todo isto tanto no que respecta a asuntos técnicos ou informáticos como aos de tipo máis didáctico, titorial ou de procedemento, que son tamén moi importantes cando facemos eLearning.

Se o considerades logo, máis adiante e con calma, poderedes buscar algún curso máis amplo dos que se ofertan (p.ex. en Platega), ou solicitar ao CAFI unha formación máis ampla e tranquila.

Calquera cousiña ou cuestión, non vos cortedes en comentala.

Grazas e un saúdo.

Start nun ordenador.