Formato das prácticas

A maiores de consultar documentación ou observar vídeo-titoriais, unha boa forma de aprender a traballar cunha ferramenta informática é facer probas nun entorno seguro (no que non pase nada por equivocarnos, por xogar a cambiar configuracións, etc.). Pero como xa tedes un treito camiñado en Moodle, á vista dos cursos que tendes en marcha, descoñezo as vosas preferencias ao respecto. Así que, por favor, cubride como vos gustaría practicar neste breve curso. Deixovos as 2 opcións máis lóxicas:
- Nos propios cursos que xa tedes montados por grupos/clase e materias.
- Pros: o que se vaia creando xa queda feito para o seu uso real.
- Contras: estariamos "toqueteando" no curso real, cos riscos que iso supón (eliminar recursos, mover cousas á vista dos alumnos...), e sería máis complexo facer o seguimento e aprender uns doutros.
- Nun curso específico para facer as prácticas.
- Pros: poderíanse facer probas libremente, sen medo, dedicando un módulo para cada de un de vos (e deixando ese curso como oculto o resto de visitantes da aula virtual nin sabería da súa existencia).
- Contras: o traballado alí "só" serviría para practicar e aprender (aínda que sempre se podería exportar ou copiar para os cursos reais).
Podería haber outras opcións, pero serían máis complexas e creo que non proceden nun curso con tan reducido e nun momento tan esixente para todos/as.
A enquisa estará dispoñible ata as 23:55 do venres 15 de maio para, en función das respostas, preparar o espazo durante a fin de semana.