Benvidos/as!

Benvidos/as!

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 22

Bo día,

Son Francisco Casal e vou a facer de titor/relator neste breve curso que agora comenzamos. Como non me coñecedes, aínda que espero que nuns días nos vexamos as caras aínda que sexa a distancia, cóntovos algunha cousiña sobre min.

Son de Pontevedra, mestre especialista en pedagoxía terapéutica, aínda que tamén traballei de xefe de departamento de orientación e, por misterios do concurso de traslados, como titor en primaria. Fun uns anos director dun CEIP, e agora traballo como asesor nos servizos centrais da Consellería en San Caetano.

A verdade é que non son un experto nin en Moodle, nin en Abalar, moito menos en Webex, pero si que teño bastante experiencia en creación e titorización de cursos en rede e, sobre todo, en integración das tecnoloxías no ensino e na xestión dos centros (aspectos nos que colaboro frecuentemente co CAFI/CFR e co INTEF), e en temas de identidade dixital e uso de internet. Se alguén quere saber algo máis pode pasar por aquí (aínda que non actualizo nin escribo moito por falta de tempo).

Xa que eu non vos coñezo, agradecería que todos/as respondérades a este fío simplemente comentando:

1) Cal é o voso curso/área/especialidade.

2) Cales son as vosas principais inquedanzas ou problemas respecto dos temas a tocar no curso.

3) Calquera outra cousa ou cuestión que queirades comentar ou contar ;-).

Grazas e un saúdo.

 

PD. Os/as que non tendes unha imaxe subida ao perfil deste aula virtual deberiades facelo: non ten porque ser unha foto da vosa cara, pode ser un debuxo, un personaxe co que vos sentides identificados/as... Non o digo xa por este curso (por min persoalmente non é preciso), senón porque axuda a facer máis humana a relación virtual, facilita identificar rapidamente á persoa usuaria, contribúe a crear vínculo... Seguro que o voso alumnado e as súas familias o agradecería.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Benvidos/as!

por Usuario eliminado -

Bos días

  1. Son mestre e este curso imparto en 3º de primaria (3ºB) como titor.
  2. Considero que a aula virtual é unha ferramenta marabillosa e non só para pandemias ou outras situacións especiais (alumnado con longa enfermidade) senón tamén para o traballo ordinario co alumnado por iso quero aprender todo o posible e aprender é unha das miñas adicións.  
  3. Totalmente a favor da túa PD.

Desde que se abriu a aula virtual (aberta xa estaba, non sei como dicilo) co confinamento puxen en funcionamento varios cursos para o meu alumnado e non me gustaría mesturar as prácticas nos cursos.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Benvidos/as!

por Usuario eliminado -

Bo día Fancisco, encantado de terche por aquí.

1) Son mestre especialista en Pedagoxía Terapéutica e traballo con varios nenos e nenas de Primaria.

2) Creo que debería facerse un uso non esporádico da Aula Virtual como ferramenta. Se ben nesta situación nos vemos "obrigados" a usala, quizais é unha oportunidade para trasladala definitivamente ao noso traballo diario como un recurso máis. Sería necesario o uso das súas posibilidades como creadora de actividades, así como as posibilidades que da para o seguimento do alumnado, e non só como un mero repositorio para poñer arquivos ou avisos.

3) Pois nada, simplemente dicir que me alegro de que se apuntase bastante xente a este curso, o cal denota que hai interese, e que seguro que aínda que sexan 10 horas, poderemos aprender bastantes cousas, polo menos para dar un primeiro paso cara a un uso completo da Aula Virtual.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Benvidos/as!

por Gregorio San Miguel -

Bos días.virtual

1) Son mestre de primaria e titor de 6º.

2) O meu principal obxectivo é aprender a manexar con soltura a Aula Virtual como ferramenta dentro da aula.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Benvidos/as!

por Ana Belén Varela -

Bos días Francisco! Encantada de saudarche e de poder participar neste curso.

a) Chámome Ana e son mestra de educación infantil. Este curso titora dun grupo de 6º de infantil.

b) Estou interesada en aprender a manexarme na Aula virtual, coñecer as súas posibilidades e poder empregala como unha ferramenta máis no día a día. O meu primeiro contacto coa Aula foi neste momento, debido ao confinamento. A pesar da dificultade da situación e de que descoñezo case todo desta ferramente, co pouco que emprego e por algunhas cousas que puden ir intuindo paréceme, que coa formación precisa, se lle podería sacar moito proveito.

Xa por último, dicir que tomo nota da túa PD.

Moitas grazas e un saúdo.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Benvidos/as!

por María Celia Espasandín García -

Bos dias a todos:

1.- Son mestra especialista en Pedagoxía Terapéutica e traballo con alumnos de Infantil e Primaria.

2.- A min gustaríame aprender o funcionamento da aula virtual, xa que me parece unha ferramenta moi interesante e útil.

3.- Levo varios meses de baixa este curso, polo que non puxen en funcionamento a aula virtual. 

Coñezo o funcionamento da aula, a través dos meus fillos, como alumnos, e gustoume o seu funcionamento.

Un saúdo a todos

En resposta a Usuario eliminado

Re: Benvidos/as!

por Usuario eliminado -

Bos días a todos!

Eu son mestra especialista en audición e linguaxe e, actualmente, traballo con alumnado de educación primaria.

Estou interesada neste curso para poder sacarlle máis proveito á aula virtual. É a primeira vez que a uso, grazas a este confinamento, e polo de agora non estou a utilizar todas as funcións e posibilidades que ofrece, as cales me parece que poden ser moi interesantes.

Un saúdo!

En resposta a Usuario eliminado

Re: Benvidos/as!

por Usuario eliminado -

Bos días a todos!

Eu son Cristina, mestra de Educación Musical e Primaria, e gustaríame aprender a elaborar actividades interesantes na aula virtual coas ferramentas dispoñibles.

Agardo sacar moito rendemento nestos 10 días e aprender cousas novas!

Unha aperta!

 

En resposta a Usuario eliminado

Re: Benvidos/as!

por Pilar Rodríguez -

Bos días.

Chámome Pilar Rodríguez  e son mestra de 4º de Infantil (3anos).

Estou interesada en aprender a usar ben a Aula virtual.

A pesares de que durante o confinamento fixen curso acelerado baixo presión (loqueando a algúns compañeiros/as), creo que aínda estou verde e que a esta ferramenta se lle pode sacar máis partido.

Un saúdo

En resposta a Usuario eliminado

Re: Benvidos/as!

por Usuario eliminado -

Chámome Mercedes e son mestra de Primaria. Este curso estou de apoio en 5º e 6º de Primaria, dentro do programa ARCO.

O meu obxectivo é aprender a manexarme na Aula Virtual.

Moitas grazas.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Benvidos/as!

por Herminia Nimo -

Ola,

Son Mina mestra de 5º de primaria. Nunca utilizara un aula virtual antes. Espero que este curso me sirva para aprender a utilizala. Gracias.

Un saúdo a todos,

 

En resposta a Usuario eliminado

Re: Benvidos/as!

por Usuario eliminado -

Hola bos días a todas/os

1.- Son Ana especialista en Pedagoxía Terapéutica e actualmente estou adscrita ao Departamento de Orientación

2.- O meu obxectivo neste curso é coñecer o funcionamento da aula virtual e outras ferramentas que contribúan á formación do alumnado e que complementen esta, con ou sen docencia presencial para favorecer o acceso aos contidos  do alumnado que temporalmente por distintas cuestións no poida asistir de forma presencial ao colexio.

Un saúdo

 

En resposta a Usuario eliminado

Re: Benvidos/as!

por Usuario eliminado -

Boas tardes:

Son Begoña Santamaría, mestra especialista Educación Física.

Estou interesada na aprendizaxe dos usos e posibilidades da Aula Virtual, non teño experiencia previa e na actualidade o uso que fago está limitado á difusión da proposta semanal de actividades en formato PDF.

Grazas pola túa axuda.

Saúdos

En resposta a Usuario eliminado

Re: Benvidos/as!

por Usuario eliminado -

Boas tardes a tod@s:

Son Lourdes, e son profesora de relixión.

Nunca utilizara a aula virtual e con este curso me gustaría traballar con ela con mais soltura para non molestar tanto os meus compañeriros.

Un saudo

En resposta a Usuario eliminado

Re: Benvidos/as!

por María del Carmen González -

Boas tardes.

Son Maricarmen González Prieto profesora de 4º de educación infantíl.

O meu interés no curso é aprender o manexo da aula virtual tanto en situacións non presenciais como na aula coa posible elaboración de materiais ou recursos.

Un saúdo a todas e todos.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Benvidos/as!

por Adela Novo -

Ola Francisco. Encantada de saudarte.

Eu son Adela Novo, mestra de Infantil (4 anos ).

Estou interesada neste curso para aprender a manexar a Aula Virtual. Ata agora, nunca a empregara. Vexo que ten moitas opcións e posibilidades e gustaríame coñecelas.

Moitas grazas

En resposta a Usuario eliminado

Re: Benvidos/as!

por Usuario eliminado -

Boas a todos e a todas!!

Son Chus Silva mestra de PT .

Estou interesada neste curso para poder aprender a utilizar a aula virtual xunto con todos os  recursos que ofrece.

 

 

En resposta a Usuario eliminado

Re: Benvidos/as!

por Usuario eliminado -

Benvido ao curso Francisco, son Martín titor de cuarto de Primaria.

Espero que este curso nos axude a todos a aumentar o nivel de coñecementos nun momento en que estas ferramentas son esenciais para o desenrolo da nosa docencia.

Un saúdo

En resposta a Usuario eliminado

Re: Benvidos/as!

por Teresa Cabezas -

 

Bos días a todos.

Son Teresa titora de 6º de primaria.

O meu obxectivo para este curso é aprender a manexar ben a Aula Virtual, tanto para este periodo, como tamén para un futuro.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Benvidos/as!

por Ramón Javier Ferrín -

Bos días, son Ramón Ferrín.

Son mestre de primaria e titor de 1º

O meu interese vai máis polas aplicacións coma Agueiro.

 

Un saudo

En resposta a Usuario eliminado

Re: Benvidos/as!

por Usuario eliminado -

Ola Francisco e grazas por estar aí!

1. Chámome Lara, mestra de E.F de Primaria

2. Encantaríame sacarlle proveito a todas as ferramentas e aplicalas da mellor maneira posible á miña materia.

Un saúdo.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Benvidos/as!

por María del Carmen Espantoso -

Eu son Mari Espantoso, titora de 3º de Primaria. Chego de última pero con moitas gañas de espremer ao máximo estas 10 horas.
A base de fedellar e molestar moito aos sabichóns do cole nisto da informática, subín algunhas cousiñas á AV. Agora preciso informarme do que fan nela os meus alumnos e sacarlle todo o partido que ten.
Grazas adiantadas.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Benvidos/as!

por Usuario eliminado -

Ola Francisco, son especialista en lingua extranxeira e traballo en Ed. Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria.

O meu interese é poder familiarizarme coas novas tecnoloxías e poder chegar a utilizalas. Gracias.

Un saúdo