A oración
Suxeito
O Suxeito é a parte da oración en que se indica quen realiza a acción do verbo.
O suxeito pode ser: un nome
un pronome
un grupo nominal (formado por un nome acompañado dun determinante,un adxectivo…)
O núcleo do suxeito é sempre a palabra máis importante.
Nós hoxe non temos fame ningunha.
Os cans facían piruetas diante dos nenos.
Puxo un exame moi fácil.
Os xogadores do equipo lévanse moi ben.
Sodes curmáns,non si?
Polas noites ouvea o lobo.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial No Derivatives 3.0 License