Complemento Circunstancial
O complemento circunstancial (C C) dános información sobre todo aquilo que rodea a acción do verbo.
Pode funcionar como C C un adverbio ou un grupo nominal precedido dunha preposición.
Hai diferentes clases de C C:
-de lugar........CCL
-de modo.......CCM
-de cantidade.........CCC
-de tempo.............CCT
-de compañía.......CCComp
-de instrumento.......CCI
-de finalidade..........CCF
Ao final de cada enunciado pon as siglas correspondentes.
A carreira será o próximo domingo.
Henrique irá a París.
Atopáchelo axiña?
Cortou o xamón co coitelo novo.
María foi coas súas amigas.
O labrego recolleu gran en abundancia.
Elas sempre len un conto en voz alta na cama pola noite
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial No Derivatives 3.0 License