O Atributo
O PREDICADO NOMINAL está formado por un Verbo Copulativo(ser,estar,parecer e semellar)e un ATRIBUTO.
O ATRIBUTO concorda en xénero e número co suxeito.
A función de atributo pode desempeñala:
-un adxectivo .................................................. O pazo era enorme.
-un nome ................................................. Aqueles homes semellan xigantes.
-un pronome ................................................ O bebé esta contigo.
-un adverbio ................................................ Ana estará alí.
-un complemento con preposición ............ Brais estivo baixo o telllado.
Nas seguintes oracións escribe se teñen atributo ou p.v.(predicado verbal)Fíxate nos puntos!
A brétema cubría o ceo
Mañá é domingo
Polo acento semellaban españois
Vós iredes na ambulancia con el
Nicolás converteu a investigación nun caos
Ela está convencida do seu éxito
Somos os mellores da comarca
Os anciáns conversaban animadamente
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial No Derivatives 3.0 License