Curso: Educación Física 6º | Aula Virtual CEIP de Corvillón

  • Logo das primeiras semanas de curso nas que traballamos xogos e actividades sen material e mantendo a distancia para familiarizarnos coa "nova normalidade" e de paso facer unha avaliación inicial, damos paso ao traballo da CONDICIÓN FÍSICA e ao coñecemento das capacidades físicas básicas, que nos servirá de base para ir collendo un bo estado de forma que nos permita afrontar o traballo ao longo do curso. ÁNIMO!!

    • O QUECEMENTO

    • Como sabedes en todas as nosas sesións facemos un pequeno QUECEMENTO antes de facer o traballo máis intenso. Aquí vos deixo un pouco de información para que teñades en conta. 

    • AS CAPACIDADES FÍSICAS BÁSICAS

      Déixovos un pequeno vídeo explicativo sobre as Capacidades Físicas Básicas e un cuestionario que debedes cubrir sobre a condición física da que tanto falamos neste tema.

    • Debedes cubrir este pequeno cuestionario de repaso do Tema 1_Condición física. Podedes usar todas as fontes de información que teñades ao voso alcance.

      Lembrade gardar os cambios coas vosas respostas.

  • Neste tema imos coñecer e practicar numerosos xogos populares e tradicionais de Galicia e da nosa contorna.

    • Información sobre hábitos alimenticios saudables.

    • Nesta páxina atoparedes información sobre hixiene postural que vos axudará a coidar a vosa espalda principalmente.

    • Nesta páxina atoparedes información sobre os primeiros auxilio básicos e as principais lesións e/ou feridas que podemos sufrir facendo actividade física ou algún deporte.

  • Neste tema imos traballar algunhas das modalidades do deporte máis antigo do mundo. O atletismo xorde das habilidades necesarias para vivir (desplazarse, saltar e lanzar), e estas son a base das habilidades de calquera deporte, por iso é considerado o deporte rei das Olimpíadas.

    O atletismo agrupa unha serie de disciplinas deportivas que teñen a súa base nos movementos e xestos naturais do ser humano: desprazamentos (marcha e carreira), saltos e lanzamentos.

    • Nesta imaxe podedes ver a distribución das diferentes modalidade nun estadio de atletismo.

    • Nos seguintes apuntes poderedes consultar a orixe do atletismo.

  • Neste tema imos coñecer e traballar algúns dos deportes tradicionais da nosa contorna, excepto o deporte rei (o fútbol) que é de sobra coñecido por todos e todas e coido que é máis interesante acercarnos a outros deportes minoritarios como son: o balonmán, o baloncesto e voleibol. ESPERO QUE VOS GUSTEN!!

    • O BALONMÁN

    • No primeiro vídeo podedes repasar as normas básicas do balonmán, e nos seguintes atoparedes unha recopilación dos mellores goles do balonmán feminino e masculino.

    • BALONCESTO

    • No primeiro vídeo repasamos as regras básicas do baloncesto, e nos seguintes podemos ver grandes canastas e momentos importantes deste deporte.

    • VOLEIBOL

    • NOS SEGUINTES VÍDEOS PODEDES REPASAR AS REGRAS BÁSICAS DESTE DEPORTE E VER ALGUNHAS XOGADAS ESPECTACULARES. A QUE MOLA MOITO!!

  • This section

    TEMA 6_OS DEPORTES ALTERNATIVOS

    OS DEPORTES ALTERNATIVOS SON AQUELES QUE, AO CONTRARIO QUE OS TRADICIONAIS (COMO OS QUE VIMOS DE TRABALLAR), PRETENDEN LOGRAR UNHA MAIOR PARTICIPACIÓN E DESENVOLVER OS VALORES SOCIAIS POR MEDIO DE MODIFICACIÓN DAS REGRAS DOS TRADICIONAIS E UTILIZANDO MATERIAL NOVEDOSO. POLO SEU CARACTER NOVEDOSO E/OU DESCOÑECIDO, NON ACARREA ESTEREOTIPOS E O NIVEL INICIAL DOS/DAS PARTICIPANTES É SEMELLANTE. AO MESMO TEMPO SON IDEAIS PARA TRABALLAR TODO TIPO DE CONTIDOS E HABILIDADES PROPIAS DA ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA.

    AS SÚAS PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS SON:

    - PERSEGUEN FINS EDUCATIVOS LONXE DA COMPETICIÓN E A IMPORTANCIA DOS RESULTADOS.

    - OS AGRUPAMENTOS SON MIXTOS, PROMOVENDO A COEDUCACIÓN.

    - FAVORECEN A IGUALDADE DE CONDICIÓNS A TÓDOLOS NIVEIS.

    - TEÑEN NORMAS SINXELAS, PARA QUE TODOS E TODAS AS POIDAN COMPRENDER.

    - PERMITEN O DESENVOLVEMENTO DE VALORES E ACTITUDES POSITIVAS.

    • Neste blog do profesor Víctor Arufe podedes ver unha relación de deportes alternativos válidos para traballar en educación física, pero hai moitos máis!!

      Coñecedes algún?

    • NA SEGUINTE PÁXINA ATOPAREDES INFORMACIÓN BÁSICA  SOBRE O BÁDMINTO: ORIXE, REGRAS BÁSICAS E REFERENTES MUNDIAIS DESTE DEPORTE.

    • TAREFA DEPORTES ALTERNATIVOS Ficheiro

      Ola María!

      Tal e como falamos, propóñoche que escollas entre estes tres deportes para que lle expliques un aos teus compañeiros e compañeiras e dirixas unha sesión de iniciación ao mesmo (axúdoche eu por suposto). 

      Déixoche unha ficha de exemplo para que vexas que cousas debes coñecer do deporte que escollas: nome, orixe e historia do mesmo, obxectivo, terreo de xogo, participantes, desenvolvemento do xogo e regras prinicipais.

      Unha vez vaias mirando información (vídeos e documentos), podemos ir falando de como e cando organizar a sesión, vale??

      Bueno, os deportes que che propoño son:

      - COLPBOL

      - ULTIMATE

      - TRIPELA

      Espero que che gusten, falamos para a semana!

      Non dispoñíbel a non ser que: O Apelido(s) é Montero Sueiro