Aquí vos deixo a pirámide da alimentación saudable actual. Como vedes inclúense a actividade física e a auga como elementos esenciais que están na súa base. Seguir estas pautas na nosa alimentación axudaranos a medrar máis sans e a adquirir bos hábitos alimenticios de cara ao futuro.

Tamén vos deixo información sobre unha aplicación que podedes descargar nos móbiles das vosas familias (se vos deixan), coa que podedes obter información sobre os alimentos que mercades, para saber si son máis ou menos saudables. Escaneando os códigos de barras dos envases apareceravos esa información. A aplicación chámase YUKA e ten este logo:

Última modificación: luns, 23 de novembro de 2020, 8:17 PM