ORIXE E BREVE HISTORIA

Como en moitos outros xogos é difícil averiguar a orixe precisa do bádminton. Parece que provén dun xogo parecido chamado "Poona", que se practicaba na India, onde actualmente é un deporte de masas.

Ao tratarse dunha colonia Británica os soldados británicos puideron aprendelo e levalo á súa terra natal, onde conseguiron que o Duque de Beaufort se aficionara e fose o artífice do cambio de nome, xa que se xogaba na súa finca á que chamaba "Bádminton House".

No 1873 escribíronse as primeiras regras e creouse o primeiro clube e comezouse a xogar en Estados Unidos e Canadá. Co paso dos anos e co incremento de clubes e xogadores, fíxose necesario regular este xogo, así no 1934 creouse a Federación Mundial de Bádminton.

Nas Olimpiadas de Barcelona 1992 convertiuse en deporte olímpico.

a actualidade é un deporte en auxe en España, grazas á figura de Carolina Marín, 5 veces campiona de Europa, ouro olímpico en Río de Janeiro e 3 veces campiona do mundo, sendo un deporte ata ese momento dominado polo chinos, coreanos e indonesios, onde é considerado un deporte de masas. O feito de que a mellor xogadora de bádminton da historia sexa do noso país posibilitou un incremento na práctica do mesmo.

TERREO DE XOGO

No seguinte vídeo podedes ver as regras básicas deste deporte.

AQUÍ PODEDES VER A CAROLINA MARÍN EN ACCIÓN!!

Última modificación: luns, 10 de maio de 2021, 6:05 PM