Section outline
-

-
Os nenos e nenas do centro, son os que disfrutan do tempo de lecer. Pero é importante coñecer os seus gustos, intereses e motivacións; así como posibles ideas para integrar no noso patio. Ademais, recordando que é un lugar onde se acceden a moitas aprendizaxes e a convivir entre eles e elas.
Por iso, creamos estes cuestionarios, que servirán aos máis pequenos e maiores, para responderos e, ao mesmo tempo, coñecernos mellor.
-
-
-
Un arquivo onde amosamos distintos recursos que fan referencia a esta aprendizaxe tan importante e interesante.
Esperamos que sirvan de ayuda para aqueles interesados en coñecer algo máis en profundidade esta nova visión dos patios e dos momentos de lecer.
-
-
-
Este curso foi diferente e a formación e as aprendizaxes, tanto para o profesorado coma para o alumnado, foron moi diferentes.
Debido a iso, aumentamos as nosas habilidades creativas, tratando de dar novas formas de continuidade a esta formación. E xurdiu esta actividade tan bonita.
Amosamos o enunciado, e por suposto, as marabillosas maquetas creadas por os nosos nenos e nenas, que non nos poden gustar máis!
Nelas vemos as súas grandes ideas para o noso patio: animais, un parque, zona de xogo simbólico, zona de lectura, areeiro... e moitas máis! Todas marabillosas e feitas de corazón.
-
-
-
Aquí presentamos uns cuestionarios que se pasarán a familias, profesorado e alumnado, onde contaremos coas distintas visións do patio, de cara a saber se a súa estrutura arquitectónica e inclusiva é accesible.
-




