Section outline

    • Este curso foi diferente e a formación e as aprendizaxes, tanto para o profesorado coma para o alumnado, foron moi diferentes.

      Debido a iso, aumentamos as nosas habilidades creativas, tratando de dar novas formas de continuidade a esta formación. E xurdiu esta actividade tan bonita.  

      Amosamos o enunciado, e por suposto, as marabillosas maquetas creadas por os nosos nenos e nenas, que non nos poden gustar máis! 

      Nelas vemos as súas grandes ideas para o noso patio: animais, un parque, zona de xogo simbólico, zona de lectura, areeiro... e moitas máis! Todas marabillosas e feitas de corazón.