Saltar navegación

Máns á obra!

Pintar require dunha destreza e técnicas que esixe unha óptica moi creativa pero ao mesmo tempo moi traballada ao longo dos anos. Todos temos a potencialidade de ser creativos, pero só dende o estudo e práctica das diferentes técnicas pictóricas podemos abordar un traballo de calidade. Non se é creativo por coñecelos ou usalos pero se queremos utilizar diferentes técnicas é esencial estudialas a fondo.
Pero existe unha técnica de traballo, organización do pensamiento e creatividade plástica que está collendo auxe nos últimos anos, denomínase Visual Thinking ou como escribir ordeadamente unha idea de forma sinxela… debuxando. Tamén atoparás referencias por “Sketchnoting” ou “Visual notetaking”

A continuación tedes unha galería de imaxes con exemplos de Sketchnoting.

Galería de imaxes

Pasos do Visual Thinking

 

A idea é facerse entender e facer entender un concepto, idea ou proceso utilizando poucas palabras e mediante formas, diagramas debuxos fácilmente recoñecibles que articulan a mensaxe na súa totalidade.


Que pretende e non pretende esta técnica?

Pretende Non pretende
  • Organizar e sintetizar a información.
  • Desenvolver o pensamento.
  • Potenciar o densesvolvemento dunha forma de representación plástica visual.
  • Manexar información de xeito non textual e a conectar elementos.
  • As ferramentas e o soporte son importantes
  • Saber debuxar non resulta esencial
  • O facerse entender é en primeiro lugar cara un mesmo.
  • É importante conseguir unha consistencia visual