Debuxo e pintura dixital
A Gioconda é unha obra pictórica renacentista do italiano Leonardo da Vinci do século XVI. Na actualidade é propiedade do Estado Francés e exhíbese no Museo do Louvre de París. Recibe unha media de 6 millóns de visitas ao ano!
Gioconda significa “alegre” e deriva da tese de que a modelo era a muller de Francesco de Giocondo, Lisa Gherardini, de onde ven o seu outro nome: Mona Lisa, “Señora Lisa”. Aínda así hai outras moitas teses sen confirmar sobre a modelo ou modelos desta obra.
É un óleo sobre tabla de 77x53 cm que cando se ve en directo sorprende polo pequeno que parece. Tamén sorprende a cantidade de medidas de seguridade que se lle aplican: cristal antibalas, control de humidade e temperatura, cordón de seguridade…Isto débese a algún roubo e varios desperfectos que sufriu.
A técnica pictórica que usou Leonardo é sfumato. Unha peculiaridade da representación é que a muller non ten cellas nin pestanas. Nos nosos tempos esto choca un pouco pero na súa época era costume que as mulleres florentinas se depilasen todo o bello da cara.
Actividade
Nestes contidos damos a seguinte información sobre o cadro da Gioconda. Elexide outro cadro e localizade a seguinte información sobre el.
A quen ou que se representa e porque é un cadro tan coñecido
|
Localiza o museo no que se alberga esta pintura |
|
Investiga cales son as súas principais características que o fan tan especial |
En que momento histórico e político foi realizado |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0