A debuxar!
Situación
Dentro das posibilidades que nos ofrecen os dispositivos multitáctiles, a creación artística baseada na pintura foi unha das que máis partido lle ten sacado aos novos dispositivos.
Grandes firmas creativas como Pixar xa inclúen esta tecnoloxía como elementos esenciais no seu workflow ou fluxo de traballo.
Observa e deléitate con este vídeo vendo como se crea unha peza de pintura hiperrealista dende o lenzo en branco:
Apps de creación plástica
No mercado existen numerosas solucións en formato App para dispositivos multitáctiles que poderiamos clasificar segundo o elemento no que se centran:
Relacionadas co debuxo (draw)
Neste grupo inclúense aquelas cuxo obxectivo é o de facer debuxos utilizando só cores planos e elementos como o lapis. Destacan Forge, Zen rBush 2 o iDesign.
Relacionadas co bosquexo ou boceto (sketch)
Os bocetos puxéronse de moda dun tempo a esta parte e inclúen os elementos anteriores pero engaden ademais outras ferramentas como o aerógrafo e tinta china, con detalles como a variación na densidade do trazo segundo o ángulo no que se realice. Destacan apps como Flipink, Paper 53, Tayashui Sketches, Penultimate o Adobe Ideas.
Relacionadas coa pintura (paint)
Neste último inclúe ás dos anteriores e incorpora solucións tremendamente potentes que simulan os diferentes pigmentos reais cos que podemos xerar mesturas moi curiosas. Destacamos, Sketchbook, Procreate, ArtRage o Inspire Pro.
Todas estas solucións permiten explorar a creatividade plástica con ferramentas que nada teñen que envidiar ás que atopamos no mundo real.
Ben é certo que cando utilizamos ferramentas e lenzos analóxicos, a sensación que recibimos a través do noso sistema kinestésico ao tocar a pintura, as cualidades do papel ou soporte sobre o que realizamos o traballo, os fíos do noso pincel ou as mesturas reais e tanxibles que conseguimos cos pigmentos, óleos, temperas… non se poden conseguir (evidentemente) coas posibilidades dixitais.
Pero, ao mesmo tempo, o mundo dixital permite xogar cunha enorme cantidade de opcións moi asequibles en canto ao custe e con enormes potencialidades artísticas.
O que se ten conseguido actualmente é una auténtica equiparación entre o resultado final utilizando ambos medios, coa vantaxe de que no mundo dixital case todo ten opcións, posibilidades de compartir procesos e resultados e encaixar diferentes propostas no noso fluxo de traballo. E, por suposto, unha enorme cantidade de alternativas.
Incluso existen apps que nos permiten gravar o proceso en formato vídeo.
Se queredes aprender a fondo, aquí tedes unha páxina web con 40 tutoriais sobre técnicas avanzadas de debuxo e pintura dixital que podedes seguir ao voso propio ritmo.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0