Hoxe máis que nunca é preciso ter unha presenza nas redes sociais, por iso os cursos na rede deben ter tamén unha parte da súa estrutura proxectada nelas.
O titor Platega ten que ter un perfil activo nestas redes e saber desenvolverse nelas con soltura xa que unha das súas funcións é precisamente facer unha dinaminación aproveitando o seu poder e influenza.
Para que o titor poida desenvolverse sen problemas nelas ten que coñecelas, dominalas e tamén ter en conta dous conceptos básicos que van ter suma relevancia:
- Identidade dixital. Todo o que compartimos forma parte da nosa identidade na rede, temos que ser moi cautelosos a hora de publicar contidos, revelar informacións e publicar datos para non perxudicar a ninguén do curso e tamén a nos mesmos. A pegada dixital que deixamos é un bo rastro que vai indicando todo o noso proceder nas redes. Tentaremos ter sempre un perfil axeitado, limpo e que non desperte susceptibilidades.
- Formación de comunidades virtuais. O emprego das redes sociais é unha forma de crear comunidades de aprendizaxe moi activas formadas por participantes heteroxéneos pero que presentan unha liña común, aprender en calquer lugar e en calquer momento. Normalmente é un aprendizaxe que se desenvolve de xeito totalmente informal desligado dos canles tradicionais pero que ten un impacto moi alto.
Unha das función dos titores é a creación de comunidades virtuais que poidan ser duradeiras no tempo o no espazo e que transcendan máis aló do curso.
O titor dun curso na rede debería presentar unha serie de destrezas e cualidades e ser quen de:
- Seguir os alumnos nas diferentes redes sociais.
- Dar retroalimentación as propostas dos alumnos. No caso do Twitter facer rechouchíos (RT) e favoritos (FAV).
- Empregar cancelos (#) que relacionen os contidos co curso.
- Crear listas de seguimento para telos localizados.
- Amosar os productos relevantes producidos no curso e as propostas máis chamativas.
- Compartir información relacionada co curso e que poida ser de interés.
- Realizar publicacións con periodicidade alta ou moi alta.
- Coñecer unha gran variedade de ferramentas dixitais de creación de recursos.
- Empregar ferramentas que faciliten o seguimento das redes sociais.
- Ter sempre unha curación de contidos recollendo todas as propostas e intervencións do curso.
O perfil do bo dinamizador ten que incluir unha serie de puntos chave debendo poseer unha serie de características como son:
- Unha comunicación dinámica, sempre activa e positiva a pesar das circunstancias.
- Ten que ser unha persoa que esté sempre ó día, ben actualizado nas novas tecnoloxías da comunicación e ferramentas dixitais.
- Tamén debe ser creativo, tendo ideas que resulten atractivas para os participantes, procurando emplear produtos dixitais que acompañen os textos producidos. Estos produtos ten que ser chamativos e de gran impacto visual así como fácilmente asimilables.
- Recoñecer aos alumnos activos de promover a súa participación na dinamización.