No establecemento das relacións cos participantes debemos, como titores, facernos unha imaxe do a persoa receptora da nosa mensaxe. Non debemos pensar en nós ou en ninguén en particular, debemos facelo pensando na persoa que recibirá esa mensaxe. Escribir pensando en nós é un erro frecuente.
A presentación no "Foro de presentacións" ao comezo do curso é unha boa canle para establecer unha relación empática cos participantes no curso. Os titores deben responder as mensaxes dos participantes para integralos e xerar un achegamento que aminore a distancia típica dun entorno virtual asincrónico.
Concluída a fase de "benvida", nos foros débese fomentar o debate, fundamentalmente debemos centrarnos en animar e expor os problemas que xurdan ao longo dun tema, no curso en xeral, etc. (en función do nivel o en que nos atopemos).
Nesta fase,
- Os participantes lanzan as súas dúbidas: a titoría anima aos participantes a comentar co resto as posibles dúbidas que xurdisen. Estas preguntas poderán ser resoltas polo resto de compañeiros ou pola titoría do curso. Cando vexamos que unha dúbida ou problema é xeral tal vez conveña enviar unha mensaxe ao grupo enteiro mdiante o foro Últimas noticias. Foro de avisos e anuncios pois deste xeito os participantes recibirán a mensaxe no seu correo e, ademais, aparecerá no bloque lateral Últimas noticias no que aparecen as novas publicadas neste foro e que podemos consultar se ter que ir ao tema Presentación e actividades iniciais, onde está situado o foro.
- Podemos propor un tema de debate: a titoría propón un tema, a través, por exemplo, dun vídeo que sitúe a temática do debate ou unha imaxe formulando uns interrogantes, aos que os alumnos deben ir dando respostas. Neste sentido é importante elixir o título do tema de debate que convide a participar. En lugar de dicir "Imos debater sobre..." mellor dicir "Que opinas sobre as diferenzas entre..... e .....?" "Que aplicarías? Quen crees que ten a razón?". A controversia é parte do debate e o seu éxito. Cando un titor/a realiza unha pregunta ou abre un debate, a pregunta non debería incluír a resposta. Por exemplo, que opinades da cruel matanza de focas para facer abrigos ou bolsos? Isto provocará respostas correctas politicamente pero non un debate sincero. Non debe provocarse respostas nas que se manifeste acordo ou desacordo co titor ou autor de prestixio. Isto non fomenta respostas sinceiras nin debates produtivos, nin coñecemento significativo.
Para establecer estas e outras relacións as titoras e titores deben (Salmon, 1999):
- Ser amables, atentos, respectuosos e corteses.
- Comprometerse coas persoas dunha maneira non mecánica.
- Non escribir demasiado, ser conciso.
- Ter habilidade para interaccionar e arquivar a interacción.
- Ter sensibilidade cultural.
Outro aspecto importante na comunicación é a prudencia no uso da ironía, a retranca, o sarcasmo ou o sentido do humor en xeral. Non todos compartimos o mesmo sentido do humor e algúns poden considerar ofensivos comentarios que a outros poden parecer graciosos. Isto é esencial para que, unha vez o alumnado superase as barreiras da plataforma e sistema, atópense integrados no curso e haxa unha cohesión de grupo, procurando desenvolver o traballo de forma sistemática entre os participantes no curso. Así se contribúen en discusións, recoñécense e ofrecen distintos estilos de aprendizaxe e síntese e a información recibida convértese en coñecemento compartido.
No caso de producirse intervencións irrespectuosas nos foros do curso seguirase o seguinte protocolo:
Protocolo de actuación
- No caso de producirse intervencións irrespectuosas nos foros do curso:A titoría, de xeito inmediato, é dicir, en canto observe esa intervención, deberá:
- Enviar inmediatamente unha mensaxe directa a esa persoa advertíndolle da non conveniencia deste tipo de intervencións.
- Intervir no foro reconducindo a situación.
- Informar á coordinación mediante o Foro da coordinación e titorías para que quede rexistrada a comunicación. Eqnviará copia das evidencias irrespectuosas.
- Enviar inmediatamente unha mensaxe directa a esa persoa advertíndolle da non conveniencia deste tipo de intervencións.
- Se reincidira intervindo novamente de xeito irrespectuoso, a titoría de xeito inmediato:
- Enviará unha mensaxe a esa persoa comunicándolle que informó á coordinación.
- Informará á persoa coordinadora, enviándolle as novas evidencias, mediante o Foro da coordinación e titorías.
- Enviará unha mensaxe a esa persoa comunicándolle que informó á coordinación.
- Dende a coordinación do curso enviaráselle unha mensaxe pedíndolle que desista da súa actitude e advertíndolle que, se reincide novamente sancionaráselle coa suspensión da súa matrícula no curso. [Consultar si se pode aplicar esta sanción]
- Se a persoa irrespectuosa reincidira por terceira vez,
- A titoría informará á coordinación.
- Se a persoa irrespectuosa reincidira por terceira vez,
- A coordinación informará a persoa irrespetuosa de que se lle ¿¿¿suspende a súa matrícula no curso???
Cómpre ter presente que as intervencións da titoría fanse dende unha plataforma de teleformación institucional polo que todas as intervencións e mensaxes, tanto públicos (nos foros) como privados (mensaxería) caracterizaranse:
- Pola súa prontitude: non existen prazos, en canto se detecte a intervención irrespectuosa debe aplicarse o establecido no apartado a.
- Polo tono das mensaxes con persona irrespectuosa: correcto nas formas, obxectivo nas interpretacións se as houber e educado nas expresións. Estas deben ser as características das mensaxes emitidas dende unha titoría en Platega.