Saltar navegación

Cantar sobre os ODE do curso

Letra e música

Frauta e piano:

Piano só:

Lonxe da terriña,
lonxe do meu lar,
qué morriña teño,
qué angustias me dan.

Non che nego a bonitura,
ceiño desta terriña,
ceiño da terra allea,
quen che me dera na miña!

Ai, meu alalá,
cando te oirei;
chousas e searas,
cando vos verei.

Son as rosas destos campos
olentes e bonitiñas.
Ai, quen aló che me dera,
anque deitado en ortigas!

Lonxe da terriña
qué angustias me dan;
os que vais pra ela
con vós me levai.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 3.0