Aureliano Pereira
Aureliano Pereira
Aureliano José Pereira de la Riva, nado en Lugo o 22 de xaneiro de 1855 e finado en Madrid o 31 de outubro de 1906, foi un político, xornalista e escritor galego.
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
De orixes familiares humildes, non lle foi posible cursar estudos superiores. Desempeñou o labor de xornalista en publicacións periódicas como El Heraldo Gallego, El Diario de Lugo e El Regional (que dirixiu desde a súa fundación en 1884 ata 1893). A finais de 1899 encargouse da dirección da revista Nuevo Mundo[1].
Liderou o rexionalismo federalista da segunda metade do século dezanove. Estivo afiliado durante anos ao Partido Republicano Federal de Galicia, no que ocupou cargos de certo relevo provincial, chegando a ser elixido concelleiro de Lugo en 1887. O seu peso na organización federal viría confirmarse ao ser nomeado, conxuntamente con Manuel Mosquera Lequerica e Modesto Moirón, membro da comisión encargada, xunto a Moreno Barcia, da redacción do Proxecto de Constitución para o futuro Estado Galego, texto clave do federalismo en Galicia, que sería discutido e aprobado na Asemblea de Lugo do 2 ao 7 de xullo de 1887.
Sen abandonar o federalismo, en 1890 intégrase na Asociación Regionalista Gallega de Manuel Murguía e Alfredo Brañas, como Secretario do Comité rexionalista de Lugo. Sendo un caso único no galeguismo do século XIX, ao articular o rexionalismo cultural e político co federalismo republicano.
Republicano convencido, contrario ao caciquismo, partidario dunha sociedade laica e inimigo do sistema foral, foi un home preocupado pola situación da muller do seu tempo e un simpatizante do movemento obreiro.
Apartado da practica política rexionalista desde 1893, apoia ao Partido Liberal Fusionista. En 1894 trasládase a Madrid cun posto de modesto funcionario no Ministerio de Fomento, onde transcorren os últimos anos da súa vida afastado de Galicia.
Obra[editar | editar a fonte]
Entre a súa obra poética, redixida na súa totalidade en lingua galega, destacan Cousas da aldea (1891) Terra a miña (1891) e A cova da serpe (1892), coas que obtería galardóns diversos en certames e xustas. Publicou ademais numerosas composicións soltas en xornais e revistas. Así mesmo, preocupado polo futuro da literatura galega, sentiu a necesidade de crear unha editorial, obxectivo que se acadaría finalmente co nacemento da Biblioteca Gallega, impulsada por Andrés Martínez Salazar e Juan Fernández Latorre.
Títulos[editar | editar a fonte]
- Soledad, Lugo, 1879.[2]
- El Regionalismo, Barcelona, 1887.[3]
- Poesías, Lugo, 1891 (con D. L. González López).[4]
- Romancero de la ciudad de Lugo, Lugo, 1892.[5]
- A Cova d'a serpe, Lugo, 1892.[6]
- El Regionalismo y la poesía gallega, Lugo, 1895.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Revista Gallega, 244, 12-11-1899, p. 3.
- ↑ Soledad
- ↑ El Regionalismo
- ↑ Poesías
- ↑ Romancero de la ciudad de Lugo
- ↑ A Cova d'a serpe
- ↑ El Regionalismo y la poesía gallega
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Ramón Máiz e Esther Martínez Eiras: "Aureliano Pereira. Escritos sobre Federalismo e Galeguismo" CIRP, 2006, ISBN 978-84-453-4302-9.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 3.0
