Interpretar «A castaña no ourizo».
Arquivos multimedia
Achéganse os audios desta peza co fin de favorecer o estudo e a interpretación na aula. O canto entra tras unha pequena introdución baseada na primeira semifrase. Nas dúas primeiras versións as catro estrofas van enlazadas seguidas. Para as dúas seguintes debe prepararse o instrumental de láminas en pentafonía de sol, de maneira que se engadan entre as estrofas cantadas as diferentes improvisacións. O resultado será 1ª estrofa - improvisación de carillóns - 2ª estrofa - improvisación de xilófonos – 3ª estrofa – improvisación de metalófonos – 4ª estrofa – improvisación dos IPAI - (repite todo ata aquí) - 1ª estrofa – improvisación de todos – 2ª estrofa.
Engadir o xogo de substitución de palabras por xestos sobre a primeira estrofa co apoio dos ODE do curso. Cantar a canción seguida sen improvisacións de maneira que a primeira vez se faga sen xestos, a segunda vez con un xesto, a terceira con dous e así progresivamente ata que na novena só se fagan xestos sen canto. Na décima e última se canta con todos os xestos.
| A castaña no ourizo | |
| Para cantar con melodía | |
| Para cantar sen melodía | |
| Para cantar e improvisar con melodía | |
| Para cantar e improvisar sen melodía | |
Ficheiros adxuntos
Partituras e arquivos multimedia descargables. A partitura corresponde a Dorothé Schubarth e Antón Santamarina, Cántigas populares (Vigo: Galaxia, 1995), 83.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 3.0